Bases Concurso Fotografía Panic 2023
BASES PARA O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “PANIC 2023”
NORMAS
-
O Concurso de Fotografía PANIC é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura do Concello da Estrada (Pontevedra) e a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada dentro das actividades programadas para o Festival de cine de Terror PANIC A ESTRADA.
-
As fotografías presentadas deberán ser exclusivamente do xénero de terror ou misterio. As fotografías que o xurado considere que non pertencen ás ditas temáticas non serán admitidas a concurso.
-
Cada participante poderá participar cun máximo de tres (3) fotografías.
-
Cada fotografía deberá levar asignado un título ou lenda que a identifique redactado en lingua galega.
-
Os/as fotógrafos/as participantes que utilicen nas súas obras a outras persoas menores de idade como modelos, deberán ter a disposición do xurado as autorizacións de imaxe para a súa exhibición e reprodución no ámbito do concurso. A organización do concurso PANIC declina calquera responsabilidade con respecto a dereitos de imaxe correspondentes ás fotografías presentadas, a dita responsabilidade recae exclusivamente na persoa que se presenta no concurso como autor da obra.
-
O criterio do xurado valorará máis a creatividade e orixinalidade da fotografía presentada que a súa calidade técnica.
PARTICIPANTES
-
O concurso de Fotografía de Terror PANIC está dividido en dúas modalidades. Unha primeira dirixida aos alumnos dos IES da Estrada e comarca; e outra dirixida a persoas maiores de 18 anos.
DEREITOS DE AUTOR
-
A propiedade intelectual das obras presentadas será sempre do propio autor.
-
A organización resérvase o dereito de distribución e publicación das imaxes na web do Festival www.panic.aestrada.gal ou nun medio físico a efectos de promoción o exposición. En todo caso, sempre se fará referencia ao título e nome do autor da fotografía.
-
O participante responsabilizarase de posuír a propiedade intelectual das obras presentadas. Calquera reclamación formulada sobre a fotografía a concurso recaerá na persoa que se presente como autor desta.
INSCRICIÓN
-
As fotografías enviaranse en formato .JPG ao enderezo de correo electrónico da organización concursofotopanic@gmail.com e deberán ir acompañadas dos seguintes datos: Nome do autor, categoría (ata 18 anos / +18 anos), título da fotografía, teléfono de contacto.
-
As fotografías non deberán presentar nomes nin marca de auga que poida identificar ao autor.
-
Calquera fotografía que o xurado considere que non cumpre as normas destas bases quedará descartada.
-
O prazo de inscrición e presentación de fotografías finalizará o 27 de xaneiro de 2023.
-
As fotografías finalistas serán visionadas en pantalla grande durante a Gala final que terá lugar o 3 de febreiro ás 23.00 h en Minicines Central, gala na que se lle entregará o premio á fotografía gañadora en cada modalidade.
-
O premio para a categoría dos IES será unha tablet doada pola Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE). O premio para a categoría de maiores de 18 anos será dun importe de 200,00€.
XURADO
-
O xurado do Concurso de Fotografía de Terror PANIC estará formado por tres membros. Dous deles recoñecidos fotógrafos pertencentes á FOG (Asociación Galega de Fotografía) e un terceiro pertencente á Organización do Festival PANIC.
-
A decisión do xurado será inapelable.
-
A participación neste concurso implica a aceptación da totalidade das súas bases.