VOLTAREMOS!
Tras o maratón, a reflexión.
Parabéns por resistir a tolemia destas películas (sobre todo “Terrifier 3”) sen utilizar as nosas bolsas especiais.
Momentos únicos coas risas e berros en “Yummy”!
Grazas a todos por vir, pero sobre todo aos que sentistes tan cómodos que o fixestes en pixama para gozar da mellor noite cinematográfica do ano.
Grazas a Pili e Luis (Minicines CENTRAL) pola súa paciencia e acompañarnos ata o final.
Grazas ao Concello da Estrada polo apoio a esta iniciativa para seguir maratoneando.
E os meus respetos aos 43 valentes que saíron do cinema ás 6:35 da madrugada, entrando na terrorífica realidade.
We´ll be back.