Maratón de Cine Nocturno

Éxito absoluto do maratón nocturno de películas de terror dentro do Festival PANIC.
Comezou ás 24:00 coas dúas salas completamente repletas de público (ata o punto que algúns mozos quedaron fóra por non dispoñer de butacas libres). "Los Estraños. Cacería Nocturna" e " Zombeavers" mantiveron as dúas salas cheas ata as 3 da madrugada.
Tras un café con bica reparador renovouse o maratón ás 3:30 coa estrea de "Glass", esta vez nunha sala, sorprendentemente ata a bandeira, de mozos e mozas disfrutando do último filme de M. Night Shyamalan.
Finalmente, a última película "Planet Terror", convocou a 52 valentes que aguantaron ata as 7:20 da mañá en que saíron ás rúas buscando un soño reparador.
O humor sempre estivo presente entre os asistentes non só polos berros e diversión nas películas, tamén moitos deles acudiron en pixama para aguantar toda a noite.
 
Recordade, o próximo venres seguimos de PANIC co "Mamá y Papá"
 
 
SAÍDA DO MARATÓN DE CINE DE TERROR AS 7:20 DA MAÑÁ