Nados no Panic

 

No Festival PANIC podes gozar dun variado tipo de actividades relacionadas co
terror. Considerámonos un Festival de cine de Terror e temos unha boa oferta de
películas para "sufrir" na noite dos venres.
Con todo gozamos tanto ou mais coa creación audiovisual e por enriba
volvémonos tolos cando algún dos nosos participantes triunfa.
Así que parabéns para Lucas Terceiro e a sua curtametraxe "Alicia" que coma
podedes ver na foto superior está atopando todo tipo de premios e
recoñecemento.
Ademais Lucas, cada vez que se presenta a un festival, ten a ben escribir o
seguinte:
"Presentada no V Certamen de Terror Panic de A Estrada. Rodada ex
professo para dito certame, en só seis horas de rodaxe e un día de post
produción. Ópera prima coma director de Lucas Terceiro..."
Noraboa polos teus éxitos Lucas!
E por suposto parabéns aos nosos mozos amigos do colectivo "Kukurú" que tras
a súa entrevista a un exorcista foron quen de comparar opinións cun psiquiatra e
montar un documental.
O seu traballo foi recoñecido polo xurado do Festival Cinema Xove de Valencia
onde viaxaron para mostrar e demostrar a sua valía e que algún día poderán
dedicarse profesionalmente ao mundo audiovisual.