Os concursos amplían o seu prazo
A cancelación das actividades do Festival de cine de Terror PANIC, por mor da pandemia, que serán reprogramadas no momento que mellore a situación sanitaria, leva tamén aparelllada unha ampliación do prazo para entregar os traballos presentados a algún dos concursos convocados no marco deste festival.
Deste xeito, os concursos de fotografía e curtametraxes de terror, trocarán o seu prazo de entrega pasando do día 31 de xaneiro ao día 26 de febreiro, nun intento de facilitarles o proceso de producción das obras a todos os participantes.