PANIC 2025. O CARTEL

O cartel do PANIC 2025 é unha homenaxe ao elemento urbano máis polémico do 2024. A Farola.

Esa farola que puxo A Estrada no foco mediático de Galicia e de España. A idea foi vinculala coa farola máis famosa da historia do cine de terror. A do cartel da película EL EXORCISTA (1973, William Friedkin)

O noso cartel é polo tanto unha homenaxe a estes dous elementos: A farola e o cine de terror.

A encargada da fotografía non podía ser outra que a cronista urbana da nosa vila MARGA FRAGA.

A Deseñadora Gráfica ALBA ALLER foi a encargada da confección do cartel.

Queda así unha imaxe que co tempo pasará a figurar na historia visual da nosa vila.