Maratón de Cine Nocturno

Éxito absoluto do maratón nocturno de películas de terror dentro do Festival PANIC.
Comezou ás 24:00 coas dúas salas completamente repletas de público (ata o punto que algúns mozos quedaron fóra por non dispoñer de butacas libres). "Los Estraños. Cacería Nocturna" e " Zombeavers" mantiveron as dúas salas cheas ata as 3 da madrugada.
Tras un café con bica reparador renovouse o maratón ás 3:30 coa estrea de "Glass", esta vez nunha sala, sorprendentemente ata a bandeira, de mozos e mozas disfrutando do último filme de M. Night Shyamalan.
Finalmente, a última película "Planet Terror", convocou a 52 valentes que aguantaron ata as 7:20 da mañá en que saíron ás rúas buscando un soño reparador.
O humor sempre estivo presente entre os asistentes non só polos berros e diversión nas películas, tamén moitos deles acudiron en pixama para aguantar toda a noite.
 
Recordade, o próximo venres seguimos de PANIC co "Mamá y Papá"
 
 
SAÍDA DO MARATÓN DE CINE DE TERROR AS 7:20 DA MAÑÁ
 
 
 

Xurado do Concurso de Curtametraxes PANIC 2019

Victor Sierra

Como guionista he participado en la creación de series, tanto para Televisión de Galicia (Padre Casares, Matalobos, Serramoura, Viradeira) como para canales nacionales (Quart, El final del Camino, Piratas). En todas ellas he sido también argumentista y dialoguista. En Matalobos y en Viradeira he ejercido además como editor.

Soy argumentista, dialoguista y editor en Pazo de Familia. Antes trabajé en Rías Baixas, Maridos y Mulleres, A vida por diante

Al margen de las series, soy coguionista de una miniserie, Mar Libre, y de una película para televisión: Vacas, porcos e zapatos de tacón. Y coautor también de una obra de teatro: La Pensión.

En el pasado formé parte de los departamentos de desarrollo de Zenit TV, Voz Audiovisual y Mandarina TV, lanzando proyectos de ficción y de entretenimiento.

Soy también profesor en el CIFP Imaxe e Son, en A Coruña, y en el Máster en Produción Xornalística e Audiovisual.

Actualmente en TVG, soy el Creador y Guionista de la serie Lobos e Cordeiros".

 

Xoque Carbajal

Actor, fotógrafo, director e productor teatral. Como actor, traballa en cine nas longametraxes “Todo es silencio” de Jose Luis Cuerda, “Hotel Almirante” de Antonio Cuadri, “Poland nights” de Martin Gauvreau, ou “Frio” de Román Gutiérrez, entre outros. En televisión participa nas series “O Faro”, “Fontealba”, “Pepe o Inglés” e “Rías Baixas” da Tvg., e “Vivir sin permiso” de Tele5. En 2006 crea a compañía teatral Malasombra, que consegue chegar a ser unha das compañías de teatro profesional galega con máis representacións na nosa comunidade autónoma.

Pedro Pérez

Documentalista. Guionista e director de curtametraxes. Crítico de cine e TV en Radio Estrada dende 2004.

É un dos creadores del Festival de cine de Terror PANIC.